Inadmitida 09/04/2024 · 29 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por solicitud de acceso a información presentada ante la Federación Galega de Tenis

D. XXX solicitó a la Federación Galega de Tenis el acceso a la liquidación de gastos de participantes en el Circuito Xuvenil Galicia Head Tour 2023. Ante la falta de respuesta, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque las federaciones deportivas son entidades privadas no obligadas directamente por la normativa de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 Las federaciones deportivas gallegas son entidades privadas sin ánimo de lucro que, aunque ejercen funciones públicas delegadas, no están incluidas en el ámbito de aplicación de la normativa de transparencia al mismo nivel que las entidades públicas.
2 La obligación de publicidad pasiva de las personas privadas que ejercen potestades administrativas consiste en suministrar información a la Administración vinculada para satisfacer el derecho de acceso, no directamente al ciudadano.
3 El derecho de acceso a la información en estos casos debe canalizarse a través del órgano competente de la Xunta de Galicia en materia de deporte y no mediante solicitudes directas a las federaciones.
4 Al haberse presentado la reclamación contra la falta de contestación de un sujeto no obligado por la normativa de transparencia, procede la inadmisión de la misma.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia Vista a reclamación presentada por D. XXX, mediante escrito do 11 de Marzo de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Única. D. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11 de Marzo de 2024 , unha reclamación contra a falla de contestación á súa solicitude presentada ante a Federación Galega de Tenis, de acceso á liquidación de gastos das persoas que percibiron ingresos pola súa participaron no Circuito Xuvenil Galicia Head Tour2023. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O interesado presentou unha solicitude de acceso a determinado documentación da Federación Galega de Tenis, sen que por parte da dita Federación se emitira resposta. As federacións deportivas galegas, de acordo co disposto no artigo 51 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, son entidades privadas, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, na que se integran os clubs, as seccións deportivas, os deportistas, os técnicos, os xuíces, os árbitros e outros colectivos interesados, co obxectivo de promover, practicar e, en xeral, contribuír ao desenvolvemento dunha mesma modalidade ou especialidade deportiva. As federacións deportivas galegas, de acordo co que establece a referida Lei, ademais das funcións propias do seu ámbito de actuación privada, exercen, as funcións públicas de carácter administrativo recollidas no artigo 56.4, que se exercen por delegación e nas que as federacións actúan como axentes colaboradores da Administración e baixo a súa tutela e coordinación. Entre as ditas funcións públicas atópanse a de representar a Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas, organizar as competicións oficiais autonómicas federadas, expedir licenzas deportivas, asignar as subvencións e as axudas de carácter público e controlar que os seus asociados lles dean unha correcta aplicación, garantir o cumprimento das normas de réxime electoral, exercer a potestade disciplinaria, entre outras. Como entidades privadas, non están incluídas no ámbito de aplicación da normativa de Transparencia ao mesmo nivel que as entidades públicas. O artigo 3.2 da Lei 1/2016 e o artigo 3 da Lei 19/2013, unicamente lles impón como obriga de publicidade activa, no caso de recibir subvencións públicas por enriba de determinados límites, publicar información referente a contratos ou convenios celebrados con algunha Administración pública, subvencións recibidas da Administración pública; orzamentos e as contas anuais, e respecto da publicidade pasiva, as persoas privadas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas estarán obrigadas a subministrar información á Administración á que se atopen vinculadas para satisfacer o dereito de acceso dos cidadáns (artigo 4), polo que os cidadáns unicamente poden solicitar información ao órgano competente da Xunta de Galicia en materia de deporte, pero non directamente ás federacións deportivas. De acordo co anterior, ao presentarse reclamación contra a falla de contestación a unha solicitude de información a un suxeito non obrigado pola normativa de Transparencia, procede a inadmisión da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 11 de Marzo de 2024, contra a falla de contestación á súa solicitude presentada ante a Federación Galega de Tenis, de acceso á liquidación de gastos das persoas que percibiron ingresos pola súa participaron no Circuito Xuvenil Galicia Head Tour2023. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.