Inadmitida 09/04/2024 · 28 días en resolverse

Inadmisión de reclamación contra el Concello de Gondomar por falta de comunicación de tasa por copias

D. XXX reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia la falta de comunicación por parte del Concello de Gondomar sobre el importe de una tasa para obtener una copia de un expediente. El organismo decidió inadmitir la reclamación porque no se trata de una denegación de acceso a información pública, sino de una incidencia en la notificación de una liquidación tributaria.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia de Galicia es el órgano competente para resolver reclamaciones sobre acceso a la información pública en entidades locales gallegas según la Ley 1/2016.
2 El derecho de acceso a la información pública comprende contenidos o documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de funciones públicas, sin necesidad de motivar la solicitud.
3 La función de la Comisión consiste en analizar si la información es pública y si existen límites legales o causas de inadmisión aplicables.
4 Se determina que el objeto de la reclamación no es la falta de contestación a una solicitud de acceso a la información, sino la falta de notificación de la liquidación de una tasa por copias.
5 La reclamación es inadmitible al no versar sobre el derecho de acceso a la información pública, sino sobre un trámite administrativo de liquidación de tasas.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación RSCTG 54/2024. Vista a reclamación presentada por D. XXX, mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 12 de marzo de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. D. XXX, presentou, con data do 26 de xaneiro de 2023, unha reclamación, contra a falla de comunicación por parte do Concello de Gondomar, da taxa a ingresar para a obtención dunha copia. Da documentación presentada polo reclamante coa súa reclamación, pode deducirse que o obxecto da mesma é a falla de comunicación por parte do Concello, do importe da taxa que debe abonar para a obtención dunha copa dun expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O interesado solicitou ao Concello que lle comunicase o importe dunha taxa para a obtención dunha copia dun expediente sen obter resposta. A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información pública ou non, e de selo, se á información solicitada sonlle aplicables ou non os límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 28 da mesma Lei. De acordo con a documentación presentada polo reclamante, debe concluírse que non presenta reclamación contra a falta de contestación ou desconformidade coa resolución dunha solicitude de acceso á información pública, senón que presenta unha reclamación contra a falla de notificación da liquidación dunha taxa por obtención de copias. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir, a reclamación presentada por D. XXX, con data do 13 de marzo de 2024, contra a falla de comunicación por parte do Concello de Gondomar, da taxa a ingresar para a obtención dunha copia. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 12.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.