Se solicitó al Concello de Oza-Cesuras la normativa municipal sobre ruidos y contaminación acústica. Ante la falta de respuesta, el interesado reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento no resolvió en plazo y solo lo hizo tras interponerse la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2
La reclamación es admisible al haberse interpuesto frente a una resolución presunta por silencio administrativo, las cuales pueden recurrirse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
3
El Concello de Oza-Cesuras no resolvió la solicitud dentro del plazo legal de un mes, emitiendo respuesta solo después de que el interesado acudiera a la Comisión.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta de la Administración, sin entrar a valorar el fondo de la solicitud.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 12 de Febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12
de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado
electrónico.
Segundo. Con data do 15 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Oza-Cesuras para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola Administración foi o 19 de febreiro de 2024
Terceiro. Con data do 8 de abril de 2024 o Concello de Oza-Cesuras, remite informe e copia
do expediente solicitado.
Neste informe, indica que a Orde do 26 de novembro de 2018 da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se aproba a proposta de Ordenanza de protección
contra a contaminación acústica de Galicia, establece que a aplicación práctica da lexislación
en materia de contaminación acústica é maioritariamente competencia dos concellos e debe
ser desenvolvida a nivel local, para adecuala ás súas propias circunstancias mediante
ordenanzas municipais. Algúns concellos non teñen capacidade para elaborar as ditas
ordenanzas, polo que o Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de
Galicia, previu que a consellería competente en materia de medio ambiente aprobase,
mediante orde, unha proposta de ordenanza de protección contra a contaminación acústica
de aplicación aos concellos que así o decidan e nos termos que consideren.
A proposta de ordenanza elaborada pola Consellería de Medio Ambiente ten como finalidade
facilitar aos concellos galegos, a elaboración da súa propia ordenanza contra a contaminación
acústica, sendo o citado documento de carácter orientativo e, non vinculante, debendo
considerarse en cada caso as modificacións necesarias para adaptalo ás características e
necesidades concretas do municipio, e sempre tendo presente a autonomía local. No Concello
de Oza-Cesuras non existe demanda veciñal ao respecto, nin problemas de convivencia
motivados polo ruído polo que non se considera necesaria a aprobación dunha ordenanza
municipal sobre ruído.
Con data do 5 de abril de 2024, remitiuse escrito ao reclamante no que se lle comunicou que
non existe ningunha regulación municipal específica relacionada con esta materia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 23.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que dun mes
que establece a Lei, senón que resolveu con data do 5 de abril de 2024, unha vez que o
interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso á ante o Concello á normativa relacionada cos ruídos e coa
contaminación acústica que ten ese concello nas súas ordenanzas, sen obter resposta.
Sen entrar a valorar se a solicitude a unha Administración de que se le remita a normativa que
regula unha materia, constitúe ou non acceso á información pública, no presente caso se ben
o Concello non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución
expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentara reclamación
ante esta Comisión.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen
prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 12 de
Febreiro de 2024, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
presentada o 28 de outubro de 2023, ante o Concello de Oza-Cesuras, de acceso a normativa
relacionada cos ruídos e coa contaminación acústica que ten ese concello nas súas
ordenanzas.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.