Desestimada 30/04/2024 · 71 días en resolverse

Reclamación de ADEGA contra la Consellería de Medio Rural por presunto silencio administrativo en solicitud de información sobre plantaciones ilegales, desestimada

La Asociación ADEGA solicitó a la Consellería de Medio Rural información sobre medidas contra plantaciones ilegales, alegando silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación porque acredita que la Administración respondió a la solicitud el 27 de junio de 2023 y la entidad la aceptó el día siguiente.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se interpuso contra una presunta desestimación por silencio administrativo de una solicitud de acceso a la información pública.
2 El procedimiento de reclamación se ajusta a lo previsto en el artículo 24 de la Ley 19/2013 y el artículo 28 de la Ley 1/2016.
3 Se constata que no se produjo silencio administrativo ya que la Consellería de Medio Rural respondió a la solicitud el 27 de junio de 2023.
4 Queda acreditado que la representación de la Asociación aceptó la notificación de dicha respuesta el 28 de junio de 2023 a través de la plataforma Notifica.gal.
5 Al existir una respuesta expresa y notificada, carece de base la reclamación basada en la falta de respuesta administrativa.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) mediante escrito do 19 de Febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX o, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Medio Rural con data do 1 de xuño de 2023, das medidas adoptadas fronte ás denuncias presentadas con data do 3 de outubro de 2020 por plantacións ilegais A entidade reclamante indica que non recibiu resposta á súa solicitude O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada electronicamente con certificado de representante da Asociación. Segundo. Con data do 6 de Marzo de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 5 de abril de 2024 a Consellería de Medio Rural , remite informe e copia do expediente solicitado. Neste informe, indica que con data do 27 de xuño de 2023, o xefe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, asina o escrito no que se dá resposta á solicitude de información e se lle remite a Adega a través da plataforma Notifica.gal, e con data do 28 de xuño, a notificación é aceptada pola representación da Asociación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 23 da Lei 1/2016, do 13 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 23.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso, se ben a reclamación se interpuxo contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude de acceso á información, o certo é que o dito silencio administrativo non se produciu, posto que de acordo coa copia do expediente remitido pola Consellería de Medio Rural, a solicitude de acceso á información presentouse con data do 1 de xuño de 2023, e con data do 27 do mesmo mes, déuselle resposta que foi aceptada pola representación da Asociación con data do 28 de xuño de 2023. De acordo co anterior, procede desestimar a reclamación interposta contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude, posto que tal silencio non se produciu. En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX , en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) con data do 19 de Febreiro de 2024, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Medio Rural con data do 1 de xuño de 2023, das medidas adoptadas fronte ás denuncias presentadas con data do 3 de outubro de 2020 por plantacións ilegais. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.