La Asociación Ecoloxistas en Acción Rías Baixas solicitó copia de un informe de la CHMS sobre la declaración de PIA del proyecto del Celta. Tras requerir a la solicitante la acreditación de identidad y representación, así como la resolución recurrida, y no obtener respuesta, la Comisión de Transparencia de Galicia decide archivar la reclamación por desistimiento.
Puntos clave de la argumentación
1
Se aplicó el artículo 68.1 de la Ley 39/2015, que establece la obligación de requerir al interesado para subsanar faltas en la solicitud en un plazo de diez días.
2
La falta de respuesta al requerimiento de documentación preceptiva conlleva la resolución de desistimiento de la petición.
3
La resolución se dicta en virtud de la delegación de competencias otorgada a la presidencia de la Comisión de Transparencia para casos de desistimiento por inactividad.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
Transparencia e Bo Goberno
Vista a reclamación presentada por Asociación Ecoloxistas en Acción Rías Baixas, mediante
escrito do 22 de Febreiro de 2024, a presidenta da Comisión da Transparencia en virtude da
delegación outorgada pola referida Comisión en sesión do 26 de xuño de 2018, considerando
os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Asociación Ecoloxistas en Acción Rías Baixas presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 22 de Febreiro de 2024., unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo
Goberno, contra a inadmisión da súa solicitude de acceso a copia de informe da CHMS
respecto a declaración de PIA ao proxecto XXX do Celta.
Segundo. Con data de 7 de marzo de 2024, requiriuse á Asociación solicitante para que
acreditase a identidade da persoa representante da Asociación (copia do seu DNI ou
certificado dixital), acreditase a representación da Asociación por calquera medio válido en
dereito, e remitise copia da resolución contra a que presenta a reclamación en materia de
Transparencia, para o que se lle concedeu un prazo de dez días.
O requirimento remitíuselle á dirección de correo electrónico que consta na reclamación,
sen que se recibise resposta.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A Comisión da Transparencia, en sesión celebrada o 26 de xuño de 2018, acordou delegar na
presidenta da comisión a resolución das reclamacións nas que se teña por desistido ao
solicitante por non remitir en prazo a documentación que se lle requira
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Análise do expediente.
O artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos
esixidos pola lexislación aplicable, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días,
emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o
fixese, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos
termos previstos no artigo 21. De acordo co anterior, dado que o interesado non achegou en
prazo a documentación que se lle requiriu, procede o arquivo da reclamación por desistencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 28 de setembro de 2018 (DOG nº 193 do 9 de outubro), a Presidenta da Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Arquivar, por inactividade do interesado, a reclamación presentada por Asociación
Ecoloxistas en Acción Rías Baixas con data do 22 de febreiro de 2024, por desistencia da
Asociación interesada.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, non prazo de dous meses,
contados desde ou día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
non artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora dá xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia