Un concejal solicitó al Ayuntamiento de Vigo copias de quejas y comunicaciones sobre el funcionamiento de la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil y sus respuestas. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento entregar la información, previa audiencia a los afectados y disociación de datos personales.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
2
La falta de respuesta del Ayuntamiento al requerimiento de informe de la Comisión no puede anular la eficacia del derecho de acceso a la información pública, que tiene rango constitucional.
3
Al no existir alegaciones en contra por parte de la administración, prevalece el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales.
4
El acceso a la información solicitada requiere dar audiencia previa al personal de la Agrupación que haya presentado los escritos para que formulen las alegaciones oportunas.
5
La entrega de la información debe realizarse previa disociación de datos o contenidos parciales que afecten a los límites de protección de datos previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por D. XXX mediante escrito do 29 de Febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX , na súa condición de concelleiro, presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 29 de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do
disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
ante o Concello de Vigo con data do 18 de xaneiro de 2024, de acceso a copia dos escritos,
queixas, incidencias ou comunicacións de calquera índole presentados nos 5 últimos anos
polos voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ou por calquera outra
persoa ás distintas unidades, instancias e cargos do concello nos que se informe sobre un mal
funcionamento do servizo, sobre calquera circunstancia que teña que ver coa composición da
Xunta Directiva ou sobre calquera outra queixa respecto ao mesmo ou das persoas que o
dirixen, así como copia das contestacións do concello aos devanditos escritos, queixas,
incidencias ou comunicacións
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 1 de Marzo de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente, sen que polo Concello se
remitise o solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 23.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece
o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou acceso a copia dos escritos, queixas, incidencias ou comunicacións
presentados polos voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ou por
calquera outra persoa nos que se informe sobre un mal funcionamento do servizo ou os seus
dirixentes e as contestacións dadas polo Concello, sen obter resposta.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello aportación do seu criterio mediante a
remisión de informe e copia do expediente, que non se recibiu, o que obriga a continuar a
tramitación do expediente sen os seus argumentos.
O feito de que a Administración non dera contestación á solicitude de informe sobre a
reclamación no marco deste procedemento, dificulta considerablemente o cumprimento da
función de garantía encomendada a esta Comisión, ao non proporcionarlle a valoración que
ao órgano reclamado merecen os motivos nos que se sustenta o recurso, co fin de que poida
dispoñer dos elementos de xuízo necesarios para pronunciarse sobre a procedencia ou non
de conceder o acceso á información solicitada.
Con todo, a falta de resposta ao requirimento de alegacións non pode afectar a eficacia o
exercicio dun dereito de rango constitucional, como é o dereito de acceso á información
pública.
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe, de conformidade co
disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, darse audiencia ao persoal da Agrupación que tivese
presentados escritos para que presenten as alegacións que estimen oportunas, examinarse as
mesmas, así como realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
e de forma motivada, resolver o acceso, salvo no caso de que despois da ponderación tamén
prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en
calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei).
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse ao Concello de Vigo que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013,
o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de
infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrárselle que de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
obriga do Concello de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 29 de Febreiro de 2024,
contra desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude presentada ante o Concello
de Vigo con data do 18 de xaneiro de 2024, de acceso a copia dos escritos, queixas, incidencias
ou comunicacións de calquera índole presentados nos 5 últimos anos polos voluntarios da
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ou por calquera outra persoa ás distintas
unidades, instancias e cargos do concello nos que se informe sobre un mal funcionamento do
servizo, sobre calquera circunstancia que teña que ver coa composición da Xunta Directiva ou
sobre calquera outra queixa respecto ao mesmo ou das persoas que o dirixen, así como copia
das contestacións do concello aos devanditos escritos, queixas, incidencias ou comunicacións.
Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao
interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.