Estimada 30/04/2024 · 50 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a documentación de subvención de la Federación Galega de Tenis de Mesa estimada por motivos formales

D. XXX solicitó a la Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes documentación económica sobre una subvención a la Federación Galega de Tenis de Mesa. Tras un silencio administrativo y un error en la notificación, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración finalmente facilitó la información solicitada.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admitida por haber sido presentada en plazo, dado que la Secretaría Xeral no resolvió la solicitud original dentro del mes legal establecido.
2 Se reconoce el derecho general de acceso a la información pública sin necesidad de que el solicitante motive su petición, conforme a la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
3 La administración admitió haber remitido erróneamente una resolución referida a un procedimiento distinto antes de corregir el error y entregar la documentación el 23 de marzo de 2024.
4 La Comisión estima la reclamación por motivos formales al haberse materializado el acceso a la información con posterioridad a la interposición del recurso.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por D. XXX, mediante escrito do 11 de marzo de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro.D. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11 de marzo de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada o 9 de xaneiro de 2024 ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, de acceso a copia dos anexos IV, V e VI, as facturas con xustificación bancaria e a Memoria Económica explicativa do 2° prazo do Convenio do ano 2023, presentados pola Federación Galega de Tenis de Mesa. O reclamante indica que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información. Acompaña co seu escrito., copa da solicitude presentada, asinada con certificado dixital Segundo. Con data do 12 de Febreiro de 2024, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 5 de Abril de 2024 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes contesta a petición remitindo o informe e a resolución emitida. Neste informe, en resumo, indícase que o interesado solicitou acceso a documentación referida ao segundo pagamento dunha subvención concedida á Federación Galega de Tenis de Mesa. Por erro, remitíuselle unha resolución do 23.1.2024 que desestimaba outra solicitude de acceso á información pública, pero referida a outro procedemento distinto, que era a concesión dunha subvención outorgada ao Club Tenis de Mesa Pontevedra. Advertido o erro, pola Secretaría Xeral para o Deporte, corrixiuse de xeito inmediato e procedeuse a darlle traslado da información con data do 23 de marzo de 2024, notificación que foi aceptada con esa mesma data. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Secretaría Xeral non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo dun mes que establece a Lei, senón que resolveu con data do 23 de marzo de 2024 unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a determinada documentación sobre unha subvención concedida á Federación Galega de Tenis de Mesa (FGTM). A Secretaría Xeral, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 11 de marzo de 2024, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada o 9 de xaneiro de 2024 ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, de acceso a copia dos anexos IV, V e VI, as facturas con xustificación bancaria e a Memoria Económica explicativa do 2° prazo do Convenio do ano 2023, presentados pola Federación Galega de Tenis de Mesa. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.