D.XXX solicitó a la Dirección Xeral de Mobilidade el estudio de la línea ferroviaria A Coruña-Ferrol de 2017. Tras ser denegado el acceso por un supuesto desistimiento, el interesado reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Finalmente, el organismo acepta la desistencia del reclamante y da por concluido el procedimiento ya que la administración revocó la denegación original.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, no obligando al solicitante a motivar su petición según el art. 26.4 de la Ley 1/2016.
2
La Comisión da Transparencia de Galicia es el órgano competente para resolver reclamaciones contra resoluciones de acceso a la información dictadas por administraciones autonómicas gallegas.
3
De acuerdo con el artículo 94.4 de la Ley 39/2015, la Administración debe aceptar de plano la desistencia y declarar concluido el procedimiento si no existen terceros interesados.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por D.XXX , mediante escrito do 2 de abril de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de Maio de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D.XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro da Valedora do Pobo o
2 de Abril de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 20 de marzo de 2024,
da Dirección Xeral de Mobilidade pola que se resolve terlle por desistido da súa solicitude de
acceso a copia do estudo que licitou a Xunta da liña ferroviaria A Coruña-Ferrol en abril do ano
2017, para analizar as melloras pertinentes que se poderían facer na vía.
O reclamante indicaba que lle foi notificada resolución denegatoria de data 20 de marzo de
2024, pola que se lle ten por desistido no procedemento de acceso á información pública
(expediente 2023/T-00709), por supostamente non atender ao requirimento efectuado por
parte do órgano administrativo, para que se achegase información sobre a documentación
solicitada. Indica que é falsa a dita aseveración, e en proba do mesmo anexa os xustificantes
electrónicos da presentación en prazo da documentación requirida.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 3 de Abril de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de Abril de 2024
Terceiro. Con data do 9 de Maio de 2024, o reclamante presenta escrito no que comunica que
desiste da reclamación presentada por terse revogada a resolución pola que se lle denega o
acceso á información pública.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante a Valedora do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O artigo 94.4 da Lei 39/2015, establece que a Administración aceptará de plano a desistencia,
e declarará concluso o procedemento salvo que, persoándose no mesmo terceiros
interesados instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foran
notificados.
No presente caso, non constan terceiros interesados no expediente, polo que procede aceptar
a desistencia e declarar concluso o procedemento.
De acordo co anterior, a Comisión da Transparencia
ACORDA
Único: Aceptar a desistencia e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.